Saltar navegación
Concello de Montederramo
Secuencia de imaxes do Concello de Montederramo

CONCELLO :: Novas

PROGRAMACIÓN DA V EDICIÓN DA SEMANA CULTURAL: MONTEDERRAMO TROULA 2010

*DÍA 11 DE AGOSTO:
-ÁS 23:00H: CINE

*DÍA 12 DE AGOSTO:
-DE 11:00 A 13:30H: ACTIVIDADES PARA OS NENOS: “LECER NO RURAL”
-ÁS 19:00H: INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “AS NOSAS XENTES”
-ÁS 23:00: CINE

*DÍA 13 DE AGOSTO:
-A PARTIR DAS DOCE DA NOITE: V EDICIÓN DO CONCERTO- FESTIVAL “O SON DAS PEDRAS” CAS ACTUACIÓNS DOS GRUPOS “CINCO BAJO CERO “ E “SONORO MAXÍN”.

*DÍA 14 DE AGOSTO:
-ÁS 19:00H : CONTA CONTOS: “CONTOS DAS ESTACIÓNS”, A CARGO DO DÚO CONTA E CANTA.
-A PARTIR DAS DOCE DA NOITE: COMEZO DAS FESTAS PATRONAIS

*DÍA 15 DE AGOSTO:
-DE 16:00H A 18:45H: FESTA INFANTIL
-ÁS 19:00H: ESPECTÁCULO “CIRCO MÁXICO” A CARGO DO MAGO CAYETANO LLEDÓ.
-FESTAS PATRONAIS

*DÍA 16 DE AGOSTO:
-ÁS 19:00H: TEATRO “TRISTÁN CARA DE CAN”, A CARGO DO GRUPO TEATRAL ELEFANTE ELEGANTE TEATRO.
-FESTAS PATRONAIS.

AULA DE APOIO 2010

O vindeiro 15 de Xullo, dará comezo, un ano máis, a Aula de Apoio para os nenos do Concello, no Colexio de Montederramo.
Este recurso, organizado dende a Área de Educación Social do Concello, desenvolverase durante os meses de Xullo a Outubro, tres días á semana en horario de tarde:

A Aula de Apoio pódese definir coma unha estratexia educativa que permita a atención das necesidades educativas especiais dos alumnos con problemas de aprendizaxe dentro do sistema educativo ordinario.
O seu obxectivo é favorecer e alcanza-la integración total dos nenos a través da prestación dos servicios de apoio necesarios
Esta iniciativa quere responder á importancia que ten dotar de recursos ós nenos e ás nenas que máis o necesiten, axudándolles a desenvolver as súas capacidades de estudio.

O equipo humano encargado de desenvolver o Programa será:

-Educadora Social.
-Psicóloga.

FORMACIÓN BÁSICA PARA COIDADORES INFORMAIS DE PERSOAS DEPENDENTES

Rematada a Primeira Edición do Curso para Coidadores Informais de Persoas en Situación de Dependencia.

O obxectivo xeral do curso foi ofrecer un espazo de formación e relación, no que os coidadores de persoas en situación de dependencia poidan compartir a experiencia de coidar.
As tarefas dos coidadores familiares e/ou coidadores informais, dirixidas a persoas dependentes, teñen que complementarse cas intervencións dos profesionais, e teñen que contribuir o aumento da calidade de vida das persoas dependentes.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS--Responder ás necesidades específicas que lles plantexará a tarefa que terán que desenrolar.
-Responder a cuestións xerais, como: por qué se é coidador, cómo son as persoas que precisan ser atendidas, cómo coidar e coidarse e dónde se pueden desenrolar as tarefas dentro do marco da comunidade.
-O curso potencia que a experiencia de coidar se viva de forma integradora no entorno, e contribúa á mellora da calidade de vida dos coidadores e das persoas dependentes.

DESTINATARIOS.
-Coidadores informais de persoas dependentes, xa recoñecidos,
-Auxiliares de Axuda a Domicilio do Concello.
-Calquer persoa interesada.

TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE

TDT

ENLACE CON TODA A INFORMACIÓN NECESARIA SOBRE A TDT NO RURAL GALEGO (TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE).

Ligazóns recomendadas

NOVO CD INTERACTIVO DE MONTEDERRAMO

CONCELLO DE MONTEDERRAMO: REDE NATURA 2000.

<em>Foto da Serra do San Mamede (de Jorge Cacharrón)</em>ACABA DE SAÍR O NOVO CD INTERACTIVO CON TODA A INFORMACIÓN PRECISA SOBRE O NOSO CONCELLO: INFORMACIÓN XERAL, SERVIZOS, EDEREZOS DE INTERESE, FOTOS, MAPAS, ETC....
NA SECCIÓN "TURISMO" DESTA WEB XA ESTÁ COLGADA ALGUNHA DESA INFORMACIÓN: OS MAPAS DE PATRIMONIO HISTÓRICO E NATURAL, DO BIDUEIRAL, DA SERRA, DE FLORA E FAUNA, DE CAZA E PESCA....

OBRADOIROS NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

OBRADOIROS NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

O Concello de Montederramo, en colaboración co S.G.I., está aorganizar dous obradoiros dirixidos a mulleres.
- O primeiro sobre "Hábitos de Vida Saúdable", celebrarase na Sala de Reunións do Concello o vindeiro 01 de Outubro (xoves) de 16 a 20 h.
- O segundo sobre "Tempo Libre Activo", celebrarase na Sala de Reunións do Concello, o vindeiro 08 de Outubro (xoves) de 16 a 20h.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESTADES TODAS CONVIDADAS!!!!.

EXCURSIÓNS POLA RIBEIRA SACRA "VIÑO BUS"

Excursións de medio día que permiten saboear a Ribeira Sacra en tódalas súas facetas, patrimonio, paisaxe, gastronomía....
Podedes descargar aquí as rutas.

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

"MONTEDERRAMO: MOITO MÁIS DO QUE TE IMAXINAS...."

NOVO CIRCUITO TURÍSTICO CULTURAL

SE BUSCAS TRANQUILIDADE, DISFRUTAR DA NATUREZA, A HISTORIA, O ARTE, O DEPORTE DE MONTAÑA, A GASTRONOMÍA, A XENTE.... ESTE É O TEU DESTIÑO.
MONTEDERRAMO É MOITO MÁIS DO QUE TE IMAXINAS...


Podedes descargar o circuito completo aquí.

Descargas asociadas

"MONTEDERRAMO...MOITO MÁIS DO QUE TE IMAXINAS"...


Ponse en marcha unha guía, con soporte escrito e en DVD, onde recollemos tódolos atractivos do patrimonio histórico-artistico e do natural, e aparte os recursos que se poden visitar.
Trátase tamén da publicación de dous libros: A reedición do libro >‘Montederramo, el poder monacal a orillas del Mao’, e da publicación de >‘A Abadía de Santa María de Montederramo’, ademáis da presentación dunha guía turística >>‘Montederramo..., moito máis do que se te imaxinas’ e dun folleto informativo das rutas de sendeirismo na serra do San Mamede, entre as que se atopa a do Bidueiral. Todo esto completarase tamén, ca presentación dun DVD audiovisual que se proxectará nunha das salas do mosteiro.
(PODES VER TODAS AS FOTOS NO APARTADO DE TURISMO- IMAXES).

Ligazóns recomendadas

FOTOS II CICLO ROTEIRO SAN MAMEDE

II CICLO ROTEIRO DO SANTO "SAN MAMEDE"
MONTEDERRAMO 2009

XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS FOTOS DA SEGUNDA EDICIÓN DO CICLO ROTEIRO DO SANTO "SAN MAMEDE" 2009. NO APARTADO DE TURISMO: IMAXES.

NOVO BLOG DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A CARACOCHA"

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A CARACOCHA"

A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A CARACOCHA" (MONTEDERRAMO), INAUGURA BLOG.
A DIRECCIÓN É :

www.blogoteca.com/acaracocha

Ligazóns recomendadas

NOVA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS"

CREACIÓN DA NOVA ASOCIACIÓN CULTURAL- DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS".

Ca denominación de: ASOCIACIÓN CULTURAL- DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS" constitúese en Montederramo, unha Asociacion sen fins de lucro,por tempo indefinido, podendo ingresar nela novos socios ou causar baixa os antigos sen necesidade de nova constitucion.
A existencia desta asociación ten como fins de xeito xeral:
- Promoción, formación e integración social, e
- O entretemento dos socios e,
En particular, os de:
-Promover e organizar actividades culturais, deportivas, musicais, audiovisuais, comunicacións por internet, video e cinematográficas, recreativas, festivas, informativas e editoriais, formativas e de investigacion, informativas ou didácticas que contribúan ó desenvolvemento socioeconómico e cultural ou que ofrezan solucións integradoras,
- Así como todas aquelas que contribúan axeitadamente ó desenrolo sociocultural, sen interese lucrativo algún.
A Asociación está xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: A Presidenta (Diana Rodríguez Herrero), o Vicepresidente (Alberto Parente González) , a Secretaria (Paula Cacharrón Cortón),e a tesorera(Raquel Fernández Vázquez).
Poderán ser integrantes da asociación, todas aquelas persoas físicas,e as xurídicas, tralo acordo do seu órgano competente, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Idade entre os 14 e os 35 anos (ambos inclusive).
b) Os menores de 14 anos,na súa sección xuvenil, non emancipados, con consentimento documentado dos pais ou titores.
Para asociarse como membro, podedes facelo nas oficinas municipais do Concello, por teléfono: 988292000, ou no correo electrónico: paula.montederramo@eidolocal.es.

IGREXAS LUCIERNAGAS

Unha novidosa iniciativa na Ribeira Sacra

O Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, visitou Montederramo o pasado 18 de Marzo para inaugurar o proxecto "Igrexas Luciernagas", unha novidosa iniciativa nos máis destacados templos da Ribeira Sacra.
No caso de Santa María de Montederramo, o visitante é transportado á vida monástica a través dunha recreación musical que se pode escoitar no fermoso coro do mosteiro.

Máis información sobre o mosterio

NOVAS RUTAS DE SENDERISMO

O concello de Montederramo pon a súa disposición dúas rutas de senderismo que, partindo da capital municipal, percorren espazos de gran valor ecolóxico e natural, como son a serra de San Mamede e o Bidueiral.

Para a súa promoción o concello editou dous folletos con toda a información das rutas, chamadas ruta do Bidueiral e do Santo.

Estos folletos pódense encontrar na Oficina Municipal de Turismo, ou en versión dixital, nesta mesma web.

MONTEDERRAMO DE CINE

O concello de Montederramo converteuse nun plató de cine para a última película de José Luis Cuerda

Pequenas estrelas de Montederramo

O director José Luis Cuerda escolleu o mosteiro de Santa María de Montederramo como escenario para grabar a súa última película "Los girasoles ciegos". A trama sitúase nos anos da postguerra española, polo que os interiores do mosteiro foron temporalmente convertidos nunha escola daquela época.
No reparto destaca a actriz Maribel Verdú, así como moitos dos veciños do concello de Montederramo que actuaron como extras.

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL


POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL NO CONCELLO.

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que ven prestando dende hai pouco tempo o Concello de Montederramo, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda. Este é un dos primeiros concellos en prestar este servizo gratuito a tódolos seus veciños.

Para coñecer máis sobre o PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL, pinche aquí.

Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010

Formato RSS 2.0
By Abertal
CONCELLO DE MONTEDERRAMO - TLFN: 988 292 000