Saltar navegación
Concello de Montederramo
Secuencia de imaxes do Concello de Montederramo

CONCELLO :: Novas

II CICLO ROTEIRO DO SAN MAMEDE

ANDAINA EN MONTEDERRAMO

BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO
Sen dúbida ningunha, a edición do Ciclo – Roteiro/2009 colmou con creces todas as expectativas que tíña postas nel.

Un éxito de participación e sobre todo de organización, na que quero destacar, por enriba de todo, o traballo de tódolos voluntarios do noso concello, que fixeron que os participantes se sentiran cómodos e seguros ó longo de toda a proba. Gracias tamén a Willi, por transmitirlle á proba ese entusiasmo e felicidade que leva sempre no seu interior, e a Antonio, alcalde do noso concello, por o seu incondicional apoio e por deixarme traballar con total liberdade.

Como concelleiro organizador, non vos vou ocultar que a gran cantidade de xestións que hai que facer, a falta de financiación e apoio institucional, e as continuas “sabotaxes” que a sinalización do percorrido sofre continuamente, por parte dun pequeno grupo de vándalos, fixo que o día anterior á celebración me plantexara seriamente que ista fose a derradeira edición. Nembargantes, unha vez rematada, vendo a labor dos meus conveciños, exercendo de voluntarios, e a ledicia de tódolos participantes, desdíxenme rápidamente dos meus pensamentos, e xa me puxen a traballar na do próximo ano, tendo a primeira reunión con Willi, para “pulir” aqueles erros que detectamos.

Dar a coñecer esta nosa serra, é o obxectivo primordial do Ciclo – Roteiro. Penso que un espacio natural tan fermoso non pode permanecer oculto a todos aqueles ós que nos gusta desfrutar destes espacios e somos respetuosos deportistas. Para “mostra un botón”; catro días máis tarde percorrín toda a ruta, e o único que tiven que recoller foi un bote de auga dunha bicicleta (a todas luces caiulle en marcha). Esto demostra o respeto que os participantes amosaron.

De novo grazas a todos e espero contar convosco o vindeiro ano.

Alberto Cacharrón Mojón.
Concelleiro de Cultura, Turismo e Deportes.



ORGANIZA E SUBVENCIONA "CONCELLO DE MONTEDERRAMO". COLABORA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE".


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010


By Abertal
CONCELLO DE MONTEDERRAMO - TLFN: 988 292 000