
A Feira-festa da carne de Montederramo foi creada en 1993 e celébrase anualmente o 12 de outubro para coincidir ca Feira dos bois que se realizaba antigamente.
Este ano, a maiores, a
Xuventude de Montederramo,organiza un día de Festa previo á celebración da Feira, é dicir, o día antes, 11 de Outubro están previstas as seguintes actividades:
-De 19:30 a 23:00h: FESTA CON TRÍO MUSICAL.
-A Partir das 00:00h: Gran Discoteca Móvil.
-Torneo de Toro Mecánico: "Premio do que domine ó xato". Haberá tres premios de entradas para a Feira da Carne:
1º Premio: 6 entradas
2º Premio: 4 entradas
3º Premio: 2 entradas.
O obxectivo da celebración desta Feira, é servir de escaparate e de promoción para a actividade gandeira que se da na zona, orientada de maneira preferente á producción de carne de primeira calidade. Non en vano unha alta porcentaxe da actividade desenrolada na comarca está vinculada á gandeiría.
A comida da Feira_festa da carne de Montederramo conta cun menú composto por productos da comarca: carne de terneira ó caldeiro, richada e en empanada, viños da Ribeira Sacra, licor café e bica mantecada.