
O
MOSTEIRO DE SANTA MARÍA, situado na capital municipal (Montederramo), é un dos monumentos renacentistas máis importantes de Galicia.
A grandeza da igrexa, a harmonía dos seus claustros, o gusto barroco da sillería coral, así como outros múltiples detalles "agochados" neste impresionante monumento, convérteno nunha visita obrigada dentro da
Ribeira Sacra.
De feito, foi no seu documento fundacional, no ano 1124, onde aparece por primeira vez o termo "Rivoyra Sacrata", para denominar á actual Ribeira Sacra, unha das zonas máis fermosas da Galicia interior.
A Oficina Municipal de Turismo pon a súa disposición
VISITAS GUIADAS polo mosteiro.
Estas visitas son gratuitas e realízanse todos os días no seguinte horario:
- Horario de Inverno: de 11 a 14h, e de 16 a 19h.
- Horario de Verán: de 11 a 14h, e de 16 a 20h.
Oficina Municipal de Información Turística
Praza de Montederramo,28.
Montederramo
Teléfono: 988 292 072
HISTORIA E ARTE NO MOSTEIRO...
-
Orixe
-
As primeiras construccións: o Románico
-
Renovación Arquitectónica
-
Claustro procesional
-
Claustro hospedería
-
Clasicismo herreriano
-
O proxecto de Juan de Tolosa
-
A fachada da igrexa
-
Capela maior e sacristía
-
Táboa da Lamentación
-
Cadeirado coral
-
Esplendor barroco
-
Remodelacións barrocas
-
Portas monumentais
-
Fachada
-
Desamortización e recuperación
-
Galería de imaxes: Ver imaxes
-
Visita virtual ó mosteiro: Ver videos
MÁIS SOBRE MONTEDERRAMO...